Books

Os 50 países onde é máis difícil seguir a Cristo en 2021

As últimas estatísticas sobre a persecución da xente cristiá amosan que 3 de cada 4 mártires están en Nixeria, que cualificou por primeira vez entre os 10 países de maior persecución. O Sudán finalmente sae dese grupo e a India queda, mentres que Mozambique e a RDC engádense á lista de análise de Open Doors.

Christianity Today January 14, 2021
Illustration by Mallory Rentsch

Cada día morren 13 persoas que seguen a Xesús Cristo en todo o mundo por mor da súa fe.

Todos os días hai ataques contra 12 igrexas ou edificios cristiáns.

E cada día, 12 persoas cristiás son arrestadas ou encarceradas inxustamente e outras 5 son secuestradas.

Así informa a World Watch List (WWL) 2021, a última contabilidade anual de Open Doors dos 50 países de maior persecución contra a xente cristiá por seguir a Xesús.

“Poderías pensar que esta lista ten que ver soamente co tema da opresión. … Pero o que indica realmente a lista é resiliencia”, afirmou David Curry, presidente e CEO de Open Doors USA, presentando o informe publicado hoxe.

“A gran porcentaxe do pobo de Deus que sofre debería significar que a Igrexa está a morrer: que os seus membros gardan silencio, perden a fe e se afastan uns dos outros”, afirmou. “Pero iso non é o que está sucedendo. En vez diso, vemos claramente o cumprimento das palabras de Deus gravadas polo profeta Isaías: ‘vou abrir un camiño no deserto, ríos na estepa’ (Isaías 43:19)”.

As nacións listadas comprenden 309 millóns de persoas cristiás que viven en lugares con niveis de persecución moi altos ou extremos, fronte aos 260 millóns da lista do ano pasado.

Poderían engadirse outros 31 millóns das 24 nacións que quedan fóra dos 50 primeiros, como Cuba, Sri Lanka e os Emiratos Árabes Unidos (EAU), por unha proporción de 1 de cada 8 persoas cristiás en todo o mundo que están a ser perseguidas. Isto inclúe 1 de cada 6 crentes en África e 2 de cada 5 en Asia.

O ano pasado, 45 países obtiveron unha puntuación elevada dabondo como para rexistrar niveis de persecución “moi altos” na matriz de 84 preguntas de Open Doors. Este ano, por primeira vez en 29 anos de seguimento, os 50 países clasificáronse, do mesmo xeito que 4 nacións máis que caeron xusto fóra do límite.

Open Doors identifica tres tendencias principais que impulsaron o aumento do ano pasado:

  • “O COVID-19 actuou como catalizador da persecución relixiosa mediante discriminación de axuda, conversión forzada e como xustificación para aumentar a vixilancia e censura”.
  • “Os ataques extremistas aproveitaron para espallarse por toda a África subsahariana, dende Nixeria e o Camerún ata Burkina Faso, Malí e máis alá”.
  • “Os sistemas de censura chineses seguen propagándose e estendéndose aos estados emerxentes nos que hai unha vixilancia así de extrema”.

Open Doors controlou a persecución cristiá en todo o mundo dende 1992. Corea do Norte ocupou o posto número 1 durante 20 anos, dende 2002 cando a lista de análise comezou.

A versión de 2021 fai un seguimento do período comprendido entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020 e está compilada a partir de informes de base de traballadores de Open Doors en máis de 60 países.

Non falamos só con líderes relixiosos ", dixo Curry, no lanzamento en directo da lista deste ano. "Escoitamos de primeira man os que sofren persecución e só informamos do que podemos documentar".

O propósito das clasificacións anuais da WWL (que relataron como Corea do Norte ten agora competencia a medida que a persecución vai a peor e peor) é guiar as oracións e dirixir a ira por canles máis eficaces mentres se amosa aos crentes perseguidos que non son esquecidos.

Onde está hoxe a xente cristiá máis perseguida?

Este ano os 10 países con maior persecución permanecen relativamente inalterados. Despois de Corea do Norte está Afganistán, seguido de Somalia, Libia, Paquistán, Eritrea, o Iemen, Irán, Nixeria e a India.

Nixeria entrou entre os 10 primeiros por primeira vez, despois de maximizar a métrica de Open Doors por violencia. A nación, que conta coa maior poboación cristiá de África, ocupa o posto 9 da avaliación xeral, pero é a segunda por detrás de Paquistán só en termos de violencia e ocupa o posto número 1 en número de persoas cristiás asasinadas por razóns relacionadas coa súa fe.

O Sudán saíu de entre os 10 primeiros postos por primeira vez en seis anos, despois de abolir a pena de morte por apostasía e garantir (polo menos no papel) a liberdade de relixión na súa nova constitución despois de tres décadas de lei islámica. Aínda así, segue sendo o número 13 da lista, xa que os investigadores de Open Doors sinalaron que os cristiáns de orixe musulmá aínda se enfrontan a ataques, ostracismo e discriminación por parte das súas familias e comunidades, e as mulleres cristiás enfróntanse a violencia sexual.

Onde É Máis Difícil Seguir a Xesús:



1. Corea do Norte
2. Afganistán
3. Somalia
4. Libia
5. Paquistán
6. Eritrea
7. Iemen
8. Irán
9. Nixeria
10. A India

(Este cambio nos 10 peores países faise eco da decisión do Departamento de Estado dos Estados Unidos en decembro de engadir Nixeria e eliminar Sudán da súa lista de países de particular preocupación, que nomea e avergoña aos gobernos que "participaron ou toleraron violacións sistemáticas, continuas e flagrantes da liberdade relixiosa".)

A India mantense entre os 10 primeiros por terceiro ano consecutivo porque “segue notando un aumento da violencia contra as minorías relixiosas debido ao extremismo hindú sancionado polo goberno”.

Entrementres, a China únese aos 20 primeiros por primeira vez nunha década, debido á “vixilancia e censura en curso e crecente da poboación cristiá e doutras minorías relixiosas“.

Dos 50 países de maior persecución:

  • 12 teñen niveis “extremos” de persecución e 38 teñen niveis “moi altos”. Outras 4 nacións fóra dos 50 primeiros clasificados tamén cualifican como de “moi altos”: Cuba, Sri Lanka, os Emiratos Árabes Unidos e Níxer.
  • 19 están en África (6 no norte de África), 14 están en Asia, 10 están en Oriente Medio, 5 están en Asia central e 2 están en América Latina.
  • 34 teñen o Islam como relixión principal, 4 teñen budismo, 2 teñen hinduísmo, 1 ten ateísmo, 1 ten agnosticismo e 10 teñen cristianismo.

Na lista de 2021 agregáronse catro novos países: México (nº 37), a República Democrática do Congo (nº 40), Mozambique (nº 45) e as Comores (nº 50).

Mozambique subiu 21 prazas (dende o número 66) “debido á violencia extremista islámica na provincia do norte de Cabo Delgado”. A República Democrática do Congo subiu 17 postos (dende o número 57) “principalmente debido aos ataques contra os cristiáns por parte do grupo islamita ADF”. México subiu 15 postos (fronte ao número 52) debido ao aumento da violencia e a discriminación contra a xente cristiá por parte de narcotraficantes, bandas e comunidades indíxenas.

Catro países abandonaron a lista: Sri Lanka (antes nº 30), Rusia (antes nº 46), os Emiratos Árabes Unidos (antes nº 47) e Níxer (antes nº 50).

Onde Enfrontaron Máis Violencia As Persoas Cristiás:



1. Paquistán
2. Nixeria
3. A República Democrática do Congo
4. Mozambique
5. O Camerún
6. A República Centroafricana
7. A India
8. Malí
9. O Sudán do Sur
10. Etiopía

Período do informe de Open Doors: De novembro de 2019 a outubro de 2020

Outros grandes cambios na clasificación: Colombia subiu 11 postos, do número 41 ao número 30, debido á violencia de guerrillas, grupos criminais e comunidades indíxenas e a crecente intolerancia secular. Turquía subiu 11 postos, do número 36 ao número 25, debido ao aumento da violencia contra a xente cristiá. E Bangladesh subiu sete puntos, do número 38 ao número 31, debido aos ataques a xente cristiá conversa entre a poboación rohingya refuxiada.

Non obstante, hai outros tipos de persecución que poden superar a violencia, como se explica a continuación. Por exemplo, a República Centroafricana caeu 10 puntos, dende o número 25 ao 35, pero a violencia contra os cristiáns segue sendo extrema. E Kenia caeu seis postos, do número 43 ao 49, aínda que os ataques alí “aumentaron significativamente”.

Entrementres, o Sudán do Sur sitúase entre as 10 nacións máis violentas analizadas por Open Doors (nº 9), aínda que nin sequera figuraba entre os 50 primeiros postos (nº 69).

Polo 25 aniversario da lista en 2017, Open Doors publicou unha análise das tendencias de persecución no último cuarto de século. As dez nacións máis importantes dos 25 anos foron: Corea do Norte, Arabia Saudita, Irán, Somalia, Afganistán, as Maldivas, o Iemen, o Sudán, Vietnam e a China.

Cinco países aparecen na lista dos 10 primeiros postos tanto nos 25 anos coma no 2021, un signo preocupante da estabilidade da persecución, segundo sinalou Open Doors.

Como son perseguidas as persoas cristiás nestes países?

Open Doors rexistra a persecución en seis categorías, nas que vén incluída a presión social e gobernamental sobre individuos, familias e congregacións, cun foco especial nas mulleres.

Mais cando se illa a violencia como categoría individual, os dez países de maior persecución cambian drasticamente; só permanecen Paquistán, Nixeria e a India. De feito, hai agora vinte países aínda máis mortais para os cristiáns que Corea do Norte.

Os martirios rexistrados en todo o mundo subiron a 4.761 no informe de 2021, un 60 por cento máis que os 2.983 contabilizados o ano anterior, e superaron as 4.305 mortes sinaladas no informe de 2019 (Open Doors é coñecido por preferir unha estimación máis conservadora que outros grupos, que adoitan contar ata 100.000 martirios por ano).

Onde Foron Martirizadas Máis Persoas Cristiás:


1. Nixeria: 3.530
2. A República Democrática do Congo: 460
3. Paquistán: 307
4. Mozambique: 100*
5. O Camerún: 53
6. Burkina Faso: 38
7. [nome retido]: 36
8. A República Centroafricana: 35
9. Malí: 33
10. [nome retido]: 20

*Estimación| Período do informe de

Open Doors

: De novembro de 2019 a outubro de 2020

Nove de cada dez persoas cristiás asasinados pola súa fe estaban en África, as demais en Asia. Nixeria foi onde máis houbo en todo o mundo, con 3.530 martirios confirmados por Open Doors para a súa lista de 2021.

O secuestro de persoas cristiás ascendeu a 1.710, un aumento de 63% fronte aos 1.052 contados o ano anterior, cando por primeira vez Open Doors rexistrou esta categoría. Nixeria encabeza a lista, con 990.

Paquistán atópase á cabeza en matrimonios forzados, unha nova categoría que se estudou o ano pasado, con preto de 1.000 cristiáns casados ​​con non cristiáns en contra da súa vontade. Asia representou o 72 por cento dos matrimonios forzados contabilizados por Open Doors, e África — liderada por Nixeria— o 28 por cento restante.

En China danse a maior parte das infraccións das outras dúas categorías seguidas anteriormente por Open Doors.

Onde Houbo Máis Igrexas Atacadas Ou Pechadas:


1. A China: 3.088
2. Nixeria 270
3. Angola: 100*
4. A República Democrática do Congo: 100*
5. Etiopía: 100*
6. Ruanda: 100*
7. Bangladesh: 90
8. A India: 76
9. Paquistán: 68
10. México: 61

*Estimación| Período do informe de

Open Doors

: De novembro de 2019 a outubro de 2020

China arrestou, encerrou ou detivo sen cargos a 1.147 persoas cristiás por motivos relacionados coa fe, dun total de 4.277 en todo o mundo. Este balance de Open Doors ascendeu de 3.711 o ano pasado, sendo de 3.150 en 2019.

Entrementres, os ataques e peches forzados de igrexas ascenderon a 4.488 en todo o mundo, rexistrándose a gran maioría en China, seguida de Nixeria. No informe do ano pasado, a cifra disparouse de 1.847 a 9.488, 5.576 deles na China.

Angola sería a segunda con 2.000 e Ruanda a terceira con 700 (ningún de ámbolos dous está entre os 50 países de maior persecución; Angola sería o nº 68, Ruanda o nº 72).

Open Doors advertiu que as infraccións anteriores son moi difíciles de documentar con precisión en varios países. Nestes casos preséntanse números redondos, sempre inclinados cara a estimacións conservadoras.

A súa investigación está certificada e auditada polo Instituto Internacional para a Liberdade Relixiosa, unha rede apoiada pola Alianza Evanxélica Mundial con sede en Alemaña.

Período do informe de Open Doors: De novembro de 2019 a outubro de 2020

Por que son perseguidas as persoas cristiás nestes países?

A motivación principal varía segundo o país e comprender mellor as diferenzas pode axudar aos cristiáns doutras nacións a pregar e defender de forma máis eficaz os seus irmáns e irmás en Cristo.

Por exemplo, aínda que Afganistán é o segundo país con máis persecución do mundo, sendo oficialmente musulmán, a principal motivación da persecución alí, segundo a investigación de Open Doors, non é o extremismo islámico senón o antagonismo étnico ou o que o informe chama “opresión de clan”.

Open Doors clasifica as fontes principais da persecución cristiá en oito grupos:

Opresión islámica (29 países): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en máis da metade dos países no punto de mira, incluíndo 5 dos 12 onde os cristiáns enfrontan niveis “extremos”: Libia (nº 4), Paquistán (nº 5), o Iemen (nº 7), Irán (nº 8) e Siria (nº 12). A maior parte dos 29 son países oficialmente musulmáns ou de maioría musulmá. Sen embargo, 7 son maioritariamente cristiáns: Nixeria (nº 9), a República Centroafricana (nº 35), Etiopía (nº 36), a República Democrática do Congo (nº 40), o Camerún (nº 42), Mozambique (nº 45) e Kenia (nº 49).

Opresión de clan (6 países): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en Afganistán (nº 2), Somalia (nº 3), Laos (nº 22), Qatar (nº 29), o Nepal (nº 34) e Omán (nº 44).

Paranoia ditatorial (5 países): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en cinco países, os máis deles en Asia Central, de maioría musulmá: Uzbekistán (nº 21), Turkmenistán (nº 23), Taxiquistán (nº 33) Brunei (nº 39) e Casaquistán (nº 41).

Nacionalismo relixioso (3 países): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en tres países asiáticas. A xente cristiá é perseguida principalmente por nacionalistas hindús na India (nº 10) e por nacionalistas budistas en Myanmar (nº 18) e Bután (nº 43).

Opresión comunista e post-comunista (3 países): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en tres países, todos en Asia: Corea do Norte (nº 1), a China (nº 17) e Vietnam (nº 19).

Proteccionismo denominacional cristián (2 países): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en Eritrea (nº 6) e Etiopía (nº 36).

Crime organizado e corrupción (2 país): esta é a principal fonte de persecución que enfronta a xente cristiá en Colombia (nº 30) e México (nº 37).

Intolerancia secular (0 países): Open Doors ten rexistrada esta fonte de persecución enfrontada pola xente cristiá, pero non é a fonte principal en ningún dos 50 países estudados.

Cales son as principais tendencias na persecución dos cristiáns?

Open Doors identifica catro tendencias, novas ou non, sobre por que e como os cristiáns foron perseguidos pola súa fe durante o último ano.

En primeiro lugar, a pandemia ofreceu unha nova vía para a persecución, segundo a discriminación documentada por Open Doors contra os cristiáns que recibiron axuda polo COVID-19 en Etiopía, Malaisia, Nixeria, Vietnam e Oriente Medio.

Na India, onde máis de 100.000 cristiáns recibiron axuda de socios de Open Doors, o 80 por cento declarou ser previamente “rexeitado nos puntos de distribución de alimentos. Algúns camiñaron quilómetros e ocultaron a súa identidade cristiá para conseguir comida noutro lugar”, sinalan os investigadores. Open Doors tamén recolleu informes de que se lles denegou axuda aos cristiáns das zonas rurais en Myanmar, o Nepal, Vietnam, Bangladesh, Paquistán, Asia Central, Malaisia, África do Norte, o Iemen e o Sudán. “Ás veces, esta denegación veu da man de funcionarios do goberno, pero máis a miúdo veu de xefes de aldeas, comités ou outros líderes locais”.

Open Doors sinala:

“A pandemia global fixo que a persecución fose máis obvia que nunca, simplemente porque moita xente precisou axuda. Non debemos esquecer a clara discriminación e opresión que sufriron os cristiáns en 2020, nin sequera despois de que a crise do COVID-19 vaia esmorecendo da nosa memoria colectiva”.

Os peches sanitarios tamén aumentaron a vulnerabilidade de moitos crentes. “Os cristiáns que abandonan a fe maioritaria para seguir a Cristo saben que se arriscan a perder o apoio dos seus cónxuxes, das súas familias, tribos e comunidades, así como das autoridades locais e nacionais”, sinalan os investigadores. “Se perden ingresos a causa do COVID-19, non poden acudir ás redes habituais para sobrevivir”. Entrementres, segundo sabe Open Doors por líderes eclesiásticos dende Exipto a América Latina, a prohibición dos servizos de igrexa fixeron que as ofrendas baixasen un 40 por cento, reducindo os seus propios ingresos e a capacidade das súas congregacións de ofrecer asistencia á comunidade en xeral.

Open Doors sinala:

“A maioría dos conversos das relixións maioritarias dixeron que o confinamento pola corentena do COVID-19 deixounos encerrados coa xente máis antagónica á súa fe en Xesús. Isto afectou especialmente ás mulleres e aos nenos. A millóns de individuos cristiás, o traballo, a educación e outros intereses externos dáballes certo tempo de calma da persecución. De maneira que, cando se produciron os bloqueos, deixaron dispoñer dese respiro”.

“Tamén recibimos informes de que os secuestros, as conversións forzosas e os matrimonios forzados de mulleres e nenas aumentaron durante a pandemia debido á maior vulnerabilidade. Ademais, os lugares vulnerables ás bandas de drogas en América Latina volvéronse aínda máis perigosos para os cristiáns, xa que a pandemia diminuíu a presenza de autoridades oficiais para manter a orde”.

En segundo lugar, outra das tendencias clave é o aumento da vixilancia dixital e audiovisual a grupos relixiosos e o perfeccionamento da tecnoloxía de vixilancia.

“A China afirma que fixo isto porque era necesario para conter COVID-19 despois de que o virus se estendese dende Wuhan”, sinalan os investigadores de Open Doors. “Pero para os seus 97 millóns de cidadans cristiáns, esas fortes restricións, así como a extensión da vixilancia ás súas casas, ás interaccións en liña e fóra de liña e ás súas caras que agora saen escaneadas na base de datos de seguridade pública, o custo é moi alto.

De acordo ao informe:

“Os informes dos condados das provincias de Henan e Jiangxi advirten de que agora hai cámaras con software de recoñecemento facial en todos os lugares de culto recoñecidos polo estado. Moitas destas cámaras póñense xunto ás cámaras estándar de CCTV, pero están ligadas á Oficina de Seguridade Pública, o que significa que a intelixencia artificial pode conectarse instantaneamente con outras bases de datos gobernamentais. O software de recoñecemento facial está ligado ao ‘Sistema de crédito social’ da China, que controla a lealdade dos cidadáns con respecto aos principios do comunismo”.

Do mesmo xeito, na India, os investigadores de Open Doors sinalan que “as minorías relixiosas temen que o uso das aplicacións de rastrexo de contactos se desvíe e que se usen para vixiar os seus movementos”.

En terceiro lugar, a tendencia á “cidadanía ligada á fe” continúa estendéndose. “En países como a India e Turquía, a identidade relixiosa está cada vez máis ligada á identidade nacional. É dicir, para ser un ‘verdadeiro indio’ ou un bo turco, debes ser hindú ou musulmán, respectivamente”, sinalan os investigadores. “Isto é frecuentemente alentado de xeito implícita, cando non explícito, polo goberno vixente”.

Open Doors sinala:

“Nunha ondada de nacionalismo hindú, os cristiáns indios son oprimidos constantemente pola propaganda intensa. A mensaxe ‘para ser indio, debes ser hindú’ leva ás multitudes a atacar e asoballar continuamente aos crentes cristiáns, así como aos musulmáns. A crenza de que as persoas cristiás non son verdadeiramente indios implica unha discriminación xeneralizada e a persecución adoita levarse a cabo con impunidade. A India tamén continúa bloqueando o fluxo de fondos estranxeiros a hospitais, escolas e organizacións eclesiásticas dirixidas por xente cristiá, todo baixo o pretexto de protexer a identidade nacional india”.

“En Turquía, o goberno tamén asumiu o papel de protector nacionalista do Islam. A Hagia Sofía foi orixinalmente unha catedral e logo unha mesquita, ata que a Turquía moderna decidiu que debería ser un museo. Mais en xullo de 2020, o presidente turco convenceu un tribunal para que fose de novo unha mesquita, reforzando o nacionalismo turco. … A influencia turca e os obxectivos nacionalistas esténdense máis alá das súas fronteiras, sobre todo no seu apoio a Acerbaixán no seu conflito con Armenia”.

En cuarto lugar, aumentaron os ataques de extremistas musulmáns, a pesar dos bloqueos para conter o coronavirus. Os investigadores sinalaron que “En gran parte do mundo, a violencia contra os cristiáns diminuíu durante a pandemia do COVID-19”, pero os cristiáns da África subsahariana “enfrontaron ata un 30 por cento máis de niveis de violencia que o ano anterior”.

Open Doors sinala:

“Varios centos de aldeas en Nixeria, na súa maioría cristiás, foron ocupadas ou saqueadas por musulmáns hausa dedicados ao pastoreo; ás veces, tamén destruíron os seus campos e cultivos. Boko Haram e o Estado Islámico, un grupo escindido da África Occidental afiliado ao ISIS, seguen asolando Nixeria e o norte de Camerún”.

“Na rexión do Sahel, ao sur do deserto do Sáhara, o extremismo islámico aliméntase da inxustiza e a pobreza. Estes grupos extremistas explotan os fracasos gobernamentais e os xihadistas armados difunden propaganda, impulsan o recrutamento e realizan ataques regulares. Este ano, algúns grupos comprometéronse a facer guerra contra os “infieis” como os cristiáns; afirman que “Alá nos castiga a todos coa pandemia por mor dos infieis”.

“En Burkina Faso, coñecida ata hai pouco pola súa harmonía interrelixiosa entre musulmáns e cristiáns, un millón de persoas (unha de cada vinte) están desprazadas (e hai outros millóns que sofren fame) como consecuencia da secura e da violencia. Por desgraza, o ano pasado Burkina Faso entrou na WWL por primeira vez. Este ano, os extremistas islámicos seguen facendo oposición ás igrexas (14 mortos nun ataque, 24 noutro)”.

Como é WWL comparado a outros informes sobre persecución relixiosa?

Open Doors cre que é razoable chamar ao cristianismo a relixión máis duramente perseguida do mundo. Sinala tamén que non ten comparación coa documentación comparable da poboación musulmá no mundo.

Outras análises da liberdade relixiosa ó longo do mundo corroboran moitos dos descubrimentos de Open Doors. Por exemplo, a última análise do Pew Research Center sobre a hostilidade gobernamental e social cara á relixión descubriu que os cristiáns eran asoballados en 145 países en 2018, máis que calquera outro grupo relixioso. Os musulmáns sufrían de asoballamento en 139 países, seguidos dos xudeus en 88 países.

Ao examinar só a hostilidade dos gobernos, segundo o Pew Research Center, os musulmáns sofren dela en 126 países e os cristiáns en 124. Ao examinar só a hostilidade dende a sociedade civil, os cristiáns sófrena en 104 países e os musulmáns en 103.

Open Doors ten investigadores e persoal de campo que estudan todas as nacións do mundo, pero hai 100 países aos que se lles presta unha atención máis profunda e, especialmente, as 74 que rexistran niveis de persecución “altos” (puntuacións de máis de 40 sobre 100 na escala de Open Doors).

O ranking da World Watch Listt 2021:

Clasificación

País

1

Coreia do Norte

2

Afeganistão

3

Somália

4

Líbia

5

Paquistão

6

Eritreia

7

Iémen

8

Irã

9

Nigéria

10

Índia

11

Iraque

12

Sírio

13

Sudão

14

Arábia Saudita

15

Maldivas

16

Egito

17

China

18

Myanmar

19

Vietnã

20

Mauritânia

21

Uzbequistão

22

Laos

23

Turcomenistão

24

Argélia

25

Turquia

26

Tunísia

27

Marrocos

28

Mali

29

Catar

30

Colômbia

31

Bangladesh

32

Burkina Faso

33

Tajiquistão

34

Nepal

35

República Centro-Africana

36

Etiópia

37

México

38

Jordânia

39

Brunei

40

República Democrática do Congo

41

Cazaquistão

42

Camarões

43

Butão

44

Omã

45

Moçambique

46

Malásia

47

Indonésia

48

Kuwait

49

Quênia

50

Comores

Our Latest

Aproveitando o Poder das Igrexas de Migrantes en Europa

Un profesor de seminario de Serra Leoa comparte como os migrantes africanas están cambiando a igrexa en Bélxica, e no resto do continente.

Apple PodcastsDown ArrowDown ArrowDown Arrowarrow_left_altLeft ArrowLeft ArrowRight ArrowRight ArrowRight Arrowarrow_up_altUp ArrowUp ArrowAvailable at Amazoncaret-downCloseCloseEmailEmailExpandExpandExternalExternalFacebookfacebook-squareGiftGiftGooglegoogleGoogle KeephamburgerInstagraminstagram-squareLinkLinklinkedin-squareListenListenListenChristianity TodayCT Creative Studio Logologo_orgMegaphoneMenuMenupausePinterestPlayPlayPocketPodcastRSSRSSSaveSaveSaveSearchSearchsearchSpotifyStitcherTelegramTable of ContentsTable of Contentstwitter-squareWhatsAppXYouTubeYouTube